“La Nuit Américaine” abre o pano do ciclo “Inverno de Cine”

“La Nuit Américaine” abre o pano do ciclo “Inverno de Cine”

18 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno local de Ferrol invita á cidadanía a participar en “Inverno de Cine”, o ciclo municipal que cada mércores trae aos Dúplex o mellor cine en versión orixinal subtitulada. Con entrada libre e gratuíta, o ciclo ofrece cada semana unha sesión doble, que comeza ás 20,30 horas co pase dunha curtametraxe galega e dun filme internacional. A temática de xaneiro se centra nas obsesións e, con esa premisa, seleccionouse a curta

Dirixida por Xudith Casas, a curtametraxe "Sobre a morte do Bieto" pretende dar resposta á seguinte pregunta: “¿Qué farías ti se nun funeral sentises moverse algo dentro do cadaleito?”. Propón tres posibles respostas que o público poderá coñecer se asiste aos Dúplex.  

O filme "La Nuit Américaine" dirixida por Françoise Truffaut, recibiu o Oscar no ano 1973 á mellor película de fala non inglesa. É a longametraxe cinéfila dun cinéfilo como Françoise Truffaut e unha clase de maxisterio de imaxinación narrativa. A rodaxe dunha película e o cinema dentro do cinema.

Cultura