“La Siete en el Mundial” (La Siete, 22.30 h.)

“La Siete en el Mundial” (La Siete, 22.30 h.)

10 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Hai centos, por non dicir miles, de despedimentos ao día. Así que se te botan do traballo e o asunto se converte nun fenómeno mediático, dentro do malo deberas sentirse agradecido: de seguro que non hai mellor recoñecemento ao traballo ben feito que outras persoas monten un rebumbio de protesta cando o teu xefe che ensina a porta. Nin as cuitas danzarinas da Esteban, nin as fraudes á Seguridade Social da Campanario: o asunto rei para o rexoubeo durante o últi

A baixa de Paco González no Carrusel Deportivo rebaixou as expectativas dos moitísimos seguidores que levaban meses planificando un mes de xuño de sofa, transistor e televisión para non perder ripio do Honduras-Suiza ou Ghana-Corea do Norte e outros partidos que depara a Copa do Mundo de Fútbol e que noutras circunstancias non veríamos nin bébedos, pero que en ano de Mundial resultan cita ineludible. A crise no programa radiofónica deixa aos afeccionados sen a posibilidade de revivir eses momentos gloriosos como a tradicional eliminación española dos cuartos de final na que homes feitos e dereitos, como Poli Rincón, perden os papeis e choran e berran e inxurian en directo á maneira na que Bárbara Rei ou María Patiño o fan en foros moi diferentes pero que acaban por resultar moi similares. González, tras moito rumor sobre o seu adeus, se cadra temporal, á radio atopou acubillo no imperio Berlusconi para contar, cun coro menos gracioso do habitual, o Mundial dende Sudáfrica. Comeza a facelo cun informativo diario que se emite en La Siete ás dez e media da noite.

Deportes