“La Tribu” (Telecinco, 22.30 h.)

“La Tribu” (Telecinco, 22.30 h.)

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

As tribos teñen un forte sentimento de pertenza, así que, como non podía ser doutra maneira, os lugartenentes de Sardá, serán vellos coñecidos como Boris Izaguire e Carlos Latre, aos que se lles engade, coa ameaza de poñelos firmes a todos eles, Mercedes Milá, se cadra nun último intento desesperado dos executivos de Telecinco de que alguén (isto é, Sardá, por quen profesa admiración) sexa capaz de meter en vereda a esta muller.

 

Respecto a “Crónicas”, mudan os colaboradores. Se na última etapa do magacine trasnoitador andaban por alí Daniela Blume, de profesión acróbata sexual, e Celia Blanco, raíña do cine de xénero porno-erótico-festivo, agora sentan á mesa a Labordeta e á súa mochila; a Colate Vallejo Nájera sen o seu apéndice Paulina Rubio; e a unha clásica polemista, como Pilar Rahola. As estrelas convidadas á merenda de caníbales tribal, son Risto Mejide, por aquelo de que cómpre facer autobombo; Amaia Salamanca, porque tamén hai que ir anunciando a nova tempada de “Sen Duque no hay paraíso”; e a ex ministra Magdalena Álvarez, que aínda non sabe onde se meteu. “La Tribu” estreáse en Telecinco ás dez e media.

Sociedade