“Me gustan mayores... muy mayores” (Cuatro, 00.45 h.)

“Me gustan mayores... muy mayores” (Cuatro, 00.45 h.)

19 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nun mundo de ficcións controladas tradicionalmente polos homes, e no que unha das fantasías máis celebradas (moito máis que as lendas artúricas ou as crónicas futuristas de Philip K. Dick) é a sedución de adolescentes por parte dun galán crepuscular, o desexo sensual das mulleres de idade avanzada sempre foi ben un tabú, ben un motivo de escarnio. Mais resulta sensato cavilar en que, se a Flavio Briatore e outros sexaxenarios lles dan rub

Os que como min dende pequeno, coa nosa formalidade e maneiras de xentilhome sempre fomos quen de atraer a atención de mulleres maiores, no meu caso xa dende cando era un raparigo a quen lle cambiou a voz prematuramente e parecía un Bertín Osborne de bacharelato, o fenómeno non nos estremece, senón que nos parece o máis natural. A el lle dedican a reportaxe “Me gustan mayores... muy mayores”, que se emite en Cuatro esta noite.

Eu preferiría un título como o da novela de Vizinczey “En brazos da muller madura”, pero dunha maneira máis prosaica o documento producido pola BBC reflicte a vida cotiá de homes que viven relacións con mulleres moito maiores que eles, parellas de mozos de vinte con donas que xa non cumprirán os 60. Explícase que un cuarto das inglesas casadas viven namoradas de homes máis novos, pero desta volta a cámara fita para eles, que confesan se procuran relacións con mulleres maiores como unha escolla temporal ou con obxectivo matrimonial. A diferenza de idade como atranco ou como afrodisíaco analízase en “Me gustan mayores... muy mayores”, que principia ás 00.45 horas.

Sociedade