“Million Dollar Baby” (Antena 3, 22 h.)

“Million Dollar Baby” (Antena 3, 22 h.)

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Sería un tópico malo dicir dunha película de boxeo que provoca o mesmo impacto que unha puñada directa na boca do estómago, mais, por sobado, non se pode evitar empregalo cando falamos de “Million Dollar Baby”, que é unha longametraxe na que aparecen boxeadores pero que conta cousas máis importantes que un combate a trompadas. Clint Eastwood, o director do filme, é un tipo que non me gustar&

Mais baixo todo iso, Eastwood resulta para min o tipo máis sensible que segue facendo cine dende os Estados Unidos e un dos poucos que non precisa de xarope para tirar das bágoas. “Million Dollar Baby” conta a historia dun adestrador de boxeo vello e canso que vai arroxar a toalla ata que a asoma na súa vida unha moza teimuda disposta a esnaquizar a quen se lle poña por diante no ring. Nada do dito conta algo importante dos personaxes. En realidade son xente sen alento, que o único que agarda da vida é atopar alguén no que poidan confiar. A película gustoume tanto no seu día que xa non a puiden ver outra vez porque aínda non me pasou a punzada no peito. Para os queiran auténticas lendas de paixón, que non precisan de romance ou acción, “Million Dollar Baby” é a mellor película que se pode ver esta noite e, se cadra, en moitos días. Pásana ás dez en Antena 3.

Cultura