“Muchachada Nui” (La 2, 23.50 h.)

“Muchachada Nui” (La 2, 23.50 h.)

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Miguel Induráin era un tipo grande, un xigantón encaixado de mala maneira sobre a bicicleta, pero, malia formar parte da mitoloxía deportiva contemporánea, o seu brillo encolle progresivamente conforme pasa o tempo e imos perdendo a inocencia. Ata que chegaron os lampiños sen complexos, como Nadal, Alonso, Gasol e compaña, o navarro dos cinco Tours pasaba por ser a maior gloria do deporte español, pero logo de

Alí onde antes viamos xenética privilexiada, agora vemos darbopoetina mesturada co Cola-Cao do almorzo; e se lle concediamos ao adestramento intensivo as marabillas do golpe de pedal, agora sospeitamos que unha pílula química aforraba horas gastadas no ximnasio. O que si sabiamos con certeza era que Miguelón non nacera en Albacete e, non obstante, esta noite falará con acento manchego en La 2.
“Muchachada Nui” o programa de humor pop e surreal de Joaquín Reyes e a súa compañía da cómicos que non o parecen está xa na súa terceira tempada. O espazo, que ten tanta ou máis audiencia despezado no Youtube que na televisión, triunfa sobre todo pola sección “Celebrities” na que Reyes deforma a famosos de toda caste tan só facéndoos falar a través de si mesmo e as súas raíces manchegas. O que fora protagonista do capítulo anterior, Enrique Bunbury, o home que morde as fazulas para posar nas fotos, recunca e visita o cárcere do rock’n’roll. Canda eles debutará o monicreque La Abuelita Caraváter e non faltará o filósofo ‘hikikomori’, Enjuto Mojamuto. Todos eles, e Induráin, na nova emisión de “Muchachada Nui”, que principia ás doce menos da noite en La 2 de TVE.

Cultura