“Nós non despedimos aos traballadores de Maessa-Fene, foi a empresa”

“Nós non despedimos aos traballadores de Maessa-Fene, foi a empresa”

03 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Con estas palabras os responsables da CIG-Metal e CCOO de Maessa Ferrol saen ao paso das declaracións verquidas nos medios de comunicación polos representantes sindicais da UXT en Fene. Estes afirmaban que “os nosos compañeiros de Ferrol non nos queren”. O secretario de organización da CIG-Metal, Ramón Afonzo, aclarou esta mañá que recibiron sempre con boa disposición a moitos trabal

A primeiros de ano, Maessa Ferrol contaba con 400 empregados e a de Fene 32. No momento actual o plantel ferrolán reduciuse ata 340 obreiros mentres que en Fene quedan 2 delegados sindicais, 2 traballadores indefinidos, 1 contrato-relevo e 1 xefe de equipo. Segundo un dos membros do comité de empresa, Óscar Rodríguez, “estannos botando xente e temos que preocuparnos polos nosos operarios”. Ademais subliñou que a UXT nunca defendeu aos 30 traballadores despedidos en Fene agás a dous delegados por intereses escuros.

Ramón Afonso non comprende a actitude dos responsables da UXT en Fene e cualificou a súa actitude de “patinazo como central sindical”.

No mesmo senso manifestouse un dos membros do comité de empresa de CCOO en Maessa-Ferrol, José Vidal. Vidal non chega a entender o interese da UXT en enfrontar a compañeiros da mesma empresa nos dous estaleiros.

Os sindicalistas reseñaron que sempre quixeron constituírse nunha empresa única cun comité único e os de Fene o rexeitaron.

Sociedade