A “Neve” de Lucía Novás en Moaña

A “Neve” de Lucía Novás en Moaña

02 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Lucía Novás elimina os verbos e transmite sensacións a través da acumulación de palabras. O xurado do Johán Carballeira destacou o rico léxico e a nova perspectiva da poesía paisaxística.O venres 8 de abril presenta o seu poemario "Neve" na Libraría O Pontillón de Moaña. O libro logrou no pasado mes de xaneiro o XIII premio de poesía Johán Carballeira. Intervirá no acto a profesora de galego

Un dos poemas de Neve:

Tormenta de neve, lugar de repouso, edredón
de plumas.

A caricia, a calidez da tarde, a labarada antiga.

Xaneiro cultiva
cuartos caldeados, flores
de rara extravagancia, candeas
aromadas, tapices serenos,
o refuxio agochado,
veludos branquísimos, camiños sinuosos,
a tenrura
afastada, as tempestades serenas.

Xaneiro cultiva
farangullas de tempo, pegadas tan fría,
augas
xeadas, luvas de la,
clepsidras esquecidas:

A nudez da paisaxe
amplía a calidez
deste interior
que resplandece

(Do poemario Neve  de Lucía Novas, XIII Premio de Poesía Johan Carballeira, editorial Espiral Maior Poesía)

Cultura