“No amor non todo vale”

“No amor non todo vale”

12 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O pobo de Ordes activarase este sábado para concienciarnos de que ‘No amor non todo vale’. A campaña de sensibilización contra a violencia machista e a prol da igualdade terá lugar  no pavillón Campomaior. Educadores, familiares e rapazada poderán participar de espectáculos musicais, monólogos, monicreques e moito máis. Baixo o lema ‘No amor non todo vale’ o pavillón Campomaior acollerá este vindei

Unha iniciativa dirixida a pais, nais, coidadores, familiares, educadores, entidades etc, que queiran participar dunha xornada de concienciación e reforzo de valores coa poboación infanto-xuvenil. Todo iso a través de distintas e variadas actividades lúdico-educativas a realizar en conxunto e simultaneamente entre os asistentes.

A cita para os nenos e nenas de 3 a 9 anos irá dende as 16.30 ata as 18.30 horas. Un tempo no que poderán participar de obradoiros de monicreques, contacontos e espectáculos musicais. Por outra banda as actividades para os mozos e mozas a partir dos 10 anos de idade darán comezo a partir das 18.30 e concluirán ás 20.30 horas. O seu programa inclúe Masterclass Zumba, talleres de defensa persoal, monólogos e actuacións musicais.

No caso do municipio ordense xa teñen confirmada a súa participación o CEIP ADR Castelao, CEIP O Mesón do Vento, CEIP Campomaior, IES Maruxa Mallo, IES Nº 1, así como as escolas unitarias de Merelle e Montaos.
    

‘No amor non todo vale’ é unha campaña levada a cabo pola Deputación da Coruña en consonancia con concellos como Ordes, Boiro, A Laracha, Sada, Cee, Teo, Melide, Santa Comba e Fene.

Sociedade