“Non tiven problemas de flaqueza xa que estou nun momento bo de forma”

“Non tiven problemas de flaqueza xa que estou nun momento bo de forma”

14 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Manuel Angel Penas Blanco achegouse o domingo a Ferrolterra cun único obxectivo, gañar o Memorial Adolfo Ros, Volta á Ría e facerse cos 850 euros do primeiro premio. Lolo Penas tivo como único rival ao segundo clasificado na liña de meta, o marroquí Hassan lekhili, gañador dunha edición do Adolfo Ros. Ademáis de non ter rivais, Lolo Penas logrou o record da proba cun tempo de 1 horas, 6 minutos e 5 segundos.

O campión galego afirmou en Radiofusión que se atopou cómodo ao longo de toda a carreira, dos 21 quilómetros e 97 metros de percorrido. Penas describiunos que dende o quilómetro 10 quedou en solitario e colleu certa ventaxa ao seu inmediato perseguidor. Ademáis de Lolo Penas e de Hassan Lekhili, o atleta Rubén Castro logrou a terceira posición cun tempo de 1 hora 7 minutos e 57 segundos.

Deportes