“Notei un chasquido e rachou o meu peroné” describia Dani Quintana

“Notei un chasquido e rachou o meu peroné” describia Dani Quintana

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador do Racing lesionouse onte no adestramento matinal no anexo á Malata. Foi nunha acción fortuita apuntou o propio xogador. Mañán ten cita co traumatólogo e decidirase se pasar polo quirófano ou non. O rapaz espera impaciente estas horas no seu domicilio coa perna dereita escaiolada.

Quintana presenta a lesión máis grave pero hai varios xogadores tocados de escordaduras como Rudy Carlier, Ricardo Malafaia. No caso de Rubén García que tivo que abandonar o campo do Reino de León ten unha forte escordadura dos peroneos. Tamén están tocados Curro Vacas que onte pasou polo Hospital Juan Cardona para someterse a unha ecografía. Vacas sufre un estiramento do sóleo da perna esquerda. Moitas combinacións, variacións e permutacións terán que facer os Veiga para ter un equipo competitivo esta fin de semana ante o Guijuelo de Salamanca. Para hoxe están convocados os xogadores a unha dobre sesión de traballo. As dez e media da mañá e tamén pola tarde a partir das cinco.

Deportes