“O equipo mentalmente está tocado pero a miña obriga é cambialo” afirma Luisito en Radiofusión

“O equipo mentalmente está tocado pero a miña obriga é cambialo” afirma Luisito en Radiofusión

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Jose Luis Míguez Iglesias, “Luisito” adestrou a temporada pasada o Cidade de Santiago en Segunda División B. O novo adestrador do Racing traballará ata final de temporada acompañado de Roberto Valdés nas funcións de segundo adestrador e preparador físico. Esta mañá houbo intensa sesión matinal de traballo que comezou ás once e media da mañá e rematou preto da unha do mediodía…e pola tarde m&a

Luisito falou este mediodía en Radiofusión e dixo que o Racing está tocado animicamente pero a súa obriga e trocar este ritmo. “Un equipo feito para estar arriba na clasificación e que está en postos de descenso ten que estar tocado” recalca o míster. Pola súa banda, o capitán Jonathan tamén afirmou en Radiofusión que o novo técnico lles pediu no vestiario compromiso, intensidade e traballo para sacar a nave adiante.

Deportes