“Ofrecémoslle unha fonte de pracer”

“Ofrecémoslle unha fonte de pracer”

21 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Consellería do Mar impulsa o consumo do mexillón galego e as súas  posibilidades culinarias en 53 restaurantes de toda Galicia a través das II Xornadas Gastronómicas do Mexillón de Galicia, que se desenvolverán dende mañá ata o 22 de decembro. Esta iniciativa está enmarcada no convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSGA) e conta coa participación do Co

En Galicia os establecementos participantes na campaña identifícanse mediante carteis  e diverso material promocional. Este material inclúe o lema das xornadas "Aquí ofrecémoslle unha fonte de pracer" e tamén estarán dispoñibles nas oficinas de turismo, xa que outro dos obxectivos das xornadas é proporcionar un atractivo aos turistas, visitantes e público en xeral a través do mexillón, un dos produtos máis característicos de Galicia.

Os establecementos de hostalería participantes ofrecen nas súas cartas e menús un mínimo de dúas receitas diferentes que teñen como principal ingrediente o mexillón galego. Poderanse degustar receitas clásicas e tradicionais como mexillóns ao vapor, arroz de mexillón ou empanada de mexillóns pero tamén outras propostas máis innovadoras como mexillóns ó vapor coa súa crema lixeira, arroz inflado e aceite de azafrán ou rape en camisa de mexillóns con salteado de verduras en salsa de soia, entre moitas outras receitas. Os interesados en realizar a súa propia ruta de degustación do mexillón galego poden facelo a través do material promocional que se distribuirá nos restaurantes adscritos a esta iniciativa e nas oficinas de turismo.

Ademais este ano a campaña presenta como novidade a celebración dunha xornada en Oporto  para restaurantes e comercializadores do norte de Portugal, na que se lles informará sobre as características e singularidades do cultivo do mexillón nas nosas rías, as garantías de control sanitario que ofrecen e así como as súas propiedades gastronómicas. Tamén haberá unha degustación para que os responsables e xefes de compra dos centros de restauración do país veciño coñezan de primeira man as múltiples posibilidades de preparación que ofrece o mexillón galego.

A Consellería do Mar aproveita esta iniciativa para lembrar que só o mexillón que se adquire polos canles legais é óptimo para o consumo humano e cumpre todas as garantías e requisitos. Esta campaña é unha continuación da do ano pasado, que acadou un notable éxito tanto na percepción dos propios restauradores coma dos seus clientes.

Sociedade