“Propoñemos unha viaxe diferente, onde todo o que traballes beneficiará a moita xente... comezando por ti”

“Propoñemos unha viaxe diferente, onde todo o que traballes beneficiará a moita xente... comezando por ti”

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Con esta frase convídannos desde Solidariedade Internacional a participar nunha nova edición do seu programa Vacacións Solidarias. Trátase dun programa de voluntariado para aproveitar as vacacións e coñecer de primeira man determinadas realidades. Vacacións Solidarias brinda unha experiencia enriquecedora ás persoas que participan nesta iniciativa ao mesmo tempo que os sensibiliza no mundo da cooperación para o desenvolvemento. Non se tratan der

O programa oferta 14 proxectos en 5 países: Guatemala, Perú, Bolivia, Ecuador e proxectos de campamentos saharauis. Dependendo do lugar trabállase en distintos sectores. Así en Guatemala, explica a coordenadora da iniciativa, Teresa Boedo, “apostamos forte na reconstrucción da rede de auga e de saneamento e sobre todo, na difusión de hábitos de hixiene e alimentación básica”.

Antes de viaxar cómpre realizar unha formación en coñecementos básicos do norte e do sur. Trabállase en conceptos a nivel interculturalidade, sobre as campañas de sensibilización e de comercio xusto. Ofértanse 25 prazas e logo procederase a un proceso de selección xa que hai certos requisitos, tendo preferenza a xente vencellada a este tipo de asociacións.

Os prezos varian según os destinos e oscilan entre os mil euros e os 1800 e pico se cruzas o charco. O pago pódese desembolsar en dous prazos para facilitar a participación. A experiencia resulta tremendamente positiva en todos os sentidos. “Creánse vínculos emocionais e culturais durante as tres semanas que dura esta experiencia. De feito, moitas das persoas que pasan por isto logo se implican na difusión destas actividades”, indica Boedo. A coordenadora de Vacación en Paz sinala que ademais lles permite aos propios cooperantes unha opinión obxetiva do seu traballo. 

Os interesados contan con máis información no correo cooperacion@solidaridadgalicia.org ou na web www.solidaridadgalicia.org   

Sociedade