“Quédache cara de parvo co empate cando tiñas o partido amarrado”

“Quédache cara de parvo co empate cando tiñas o partido amarrado”

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Juan Veiga amosouse explícito no programa “Carrusel Volta á Ría”. O míster mugardés está pasando un mal momento. Onte empatou en Euskadi co Lemona nun partido que tiña amarrado pero no que finalmente perdeu dous puntos da vítoria. O míster falou para Radiofusión e afirmou que non están nada contentos co resultado despois do xogo visto. O Racing continúa sen gañar e leva 2 puntos acumulados.

Este é un momento crítico para o Racing. Onte os ferroláns tiveron moitas ocasións para “matar” o partido pero non resolve. Un penalti en tempo de prolongación deu ás aos vascos que lograron rabuñar un punto deste enfrentamento. En sete días de 9 puntos posibles o Racing sumou 2. Con esta renda os obxectivos de xogar o ascenso parecen unha utopía.

Deportes