“Repor: Eurofans” (TVE, 01:05 h.)

“Repor: Eurofans” (TVE, 01:05 h.)

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Algo na espiral do ADN que procede dos tempos antigos provoca en nós unha fascinación pola competencia. Será as lembranzas inseridas na xenética da historia pretérita na que non había linguaxe e si labazadas para conseguir a comida ou, como facían as cabras montesas nas reportaxes de Félix Rodríguez de la Fuente, disputar unha parella sentimental, ou máis explicitamente, porque nada sei da sublimación romántica do gando cabr

O vindeiro 16 de maio celébrase en Moscú a 54 edición deste festival da canción europea que dun tempo a esta parte pasa por ser algo así como un gran desfile de kitsch e petardeo financiado polas televisións públicas do continente. E con todo segue habendo quen reivindica a calidade dun concurso polo que si, é certo que pasaron mitos como Sandie Shaw, Cliff Richards, Massiel cantando por Serrat ou Raphael con “Yo soy aquel”, un monumento de canción inxustamente menosprezada. Mais dun tempo a esta parte os arranxos musicais de Augusto Algueró deixaron paso aos soniquetes eurodisco tirados dun órgano Casio PT-10 e pensados para bailar na discoteca con cinco ou seis licores de pexego de máis no corpo, amén de que a escenografía importa máis que o talento. A quen non lle importa nada disto é aos frikis do show. A eles e a vellas glorias eurovisivas como José Vélez se lles dedica o reportaxe de “Repor”, pasada a unha da madrugada en La Primera.

Cultura