“Roteiros para a Xuventude” achegará a natureza á mocidade galega

“Roteiros para a Xuventude” achegará a natureza á mocidade galega

28 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Itinerarios de cultura mariñeira, rutas de sendeirismo, actividades náuticas e de multiaventura, así como de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Galicia. Isto é o que oferta “Roteiros para a Xuventude”, un programa dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos que desenvolverá a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado as fins de semana dende o 18 de marzo ata o 19 de xuño. O obxectivo do pr

O programa desta edición terá lugar nas catro provincias de Galicia: na Coruña celebraranse actividades náuticas en Carnota, na Costa da Morte e un paquete de multiaventura en Mazaricos; en Lugo celebrarase un programa ás beiras do Miño e en Terras de Pambre; en Ourense desenvolverase o programa “A herdanza romana” e outro de multiaventura; e en Pontevedra realizaranse actividades de multiaventura, de natureza e de cultura.

As prazas ofertadas este ano aumentaron en máis de 600, chegando a un total de 1.621, das cales se reservaron 432 prazas para as Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX), que poderán efectuar as inscricións correspondentes ás fins de semana de abril. Ademais, o programa permitirá ter abertas as portas dos albergues públicos fóra da época de verán, facilitando a continuidade do emprego dos monitores.

O prazo de inscrición comezará maña e a súa cota será de 60 euros para os posuidores do Carné Xove e de 80 euros para o resto. O prezo inclúe pensión completa ao longo das dúas noites de pernoctación, a participación nas actividades e o seguro. Os interesados en participar deberán contactar cos número de teléfono indicados na web www.xuventude.net.

Sociedade