“Ruta 89”, obradoiros infantís de verán

“Ruta 89”, obradoiros infantís de verán

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un ano máis, coincidindo co inicio da tempada estival, o MARCO pon en marcha, desde hoxe ata o 30 de xullo, os seus obradoiros infantís de verán; un programa de actividades para público infantil que nesta ocasión xira ao redor da mostra ‘89 Km. Colección CGAC’. Seguindo o fío dos eixes temáticos da exposición, as propostas para os máis pequenos, que combinan obradoiros no ‘Laboratorio das Artes’ e visitas a sa

Os talleres van dirixidos a 40 nenos/as maiores de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas. As actividades desenvolveranse no “Laboratorio das Artes” e salas de exposición de martes a venres de 12 da mañá a dúas da tarde. 

A sesión de mañá mércores, chámase ‘O meu cuarto do revés’. A partir dun vídeo, fan un xogo de mímica utilizando distintos trucos e imaxinando unha realidade distinta. Despois pensarán en como sería o seu cuarto se estivese do revés. Recrearanno colocando a cama e a mesiña sobre a parede, o estante no teito, a lámpada no chan...

Como fío condutor da exposición ‘89 Km. Colección CGAC’, esta actividade pode utilizarse en varias sesións. Cada participante no taller construirá un anaco de estrada, en liña recta, curva, etc., e colocará nela o que queira: unha árbore, un camión, unha casa, un semáforo... Cada segmento de estrada irase unindo ao resto, e o conxunto exhibirase no ‘Laboratorio das Artes’, construíndo así entre todos a súa ‘Ruta 89’.

Cultura