“Saturday Night Live: Rafaella Carrá” (Cuatro, 22.30 h.)

“Saturday Night Live: Rafaella Carrá” (Cuatro, 22.30 h.)

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Así que, pasan as décadas e o loiro platino es os vestidos longos e axustados de lamé e adobíos de strass volven a estar de actualidade cada certo tempo, e con esa mesma frecuencia intermitente do Guadiana, así aparece pola televisión en España Rafaella Carrá, sempre simpática e que, se algunha vez aprendese a falar o castelán sen acento transalpino, non me cabe dúbida de que nunca máis sería convidada a ningún espazo, polo mesmo feito que as opinións de Radomir Antic sobre fútbol teñen máis valor que as de calquera outro comentarista polo feito retorcido de que se expresa con dificultade.

 

O caso é que a Carrá reaparece para facer de estrela invitada nese show humorístico de Cuatro, o “Saturday Night Live”, cuxa primeira gracia foi, chamándose sábado noite en directo”, emitirse en xoves. Agora teiman no chiste e móveno para os mércores. Para por a proba os nervios dos espectadores, e por se o frenesí de Rafaella non fose suficiente, someterannos a un test de tensión epiléptica facendo que asome por aí David Bisbal, outro fervellasverzas de categoría. Cara o humor a través do berro, a axitación espasmódica e os acentos inintelixibles. É a proposta desta noite en SNL que se emite ás dez e media en Cuatro.

Sociedade