“Se hai negociación, desconvocamos a folga en Arriva Noroeste”

“Se hai negociación, desconvocamos a folga en Arriva Noroeste”

11 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A folga no servizo de transporte por estrada da empresa Arriva Noroeste convocada para todos os xoves e venres que restan do mes de xaneiro suspenderase se a dirección accede a abrir unha mesa de negociación. Así o afirmou en Radiofusión Ernesto López Rei, da Federación de Transporte da CIG, un dos sindicatos convocantes do paro xunto con CCOO. A protesta débese a “un proceso de deterio

“Os coches están en mal estado e hai pouco mantemento porque hai que aforrar persoal, e así mandan á xente literalmente a 'andar como se poida'”, sostén López Rei. O sindicalista denuncia a existencia de “limpas”, “emboscadas” e “acoso” contra o cadro de traballadores, unha situación que asemella á da outra gran compañía do sector, Monbus, “que é un almacén de xente, un réxime de tiranía”. “E esta vai polo mesmo camiño”, engade.

O representante da CIG mantén que “estaríamos dispostos a suspender se se abre unha mesa de negociación e se abre un proceso de diálogo serio”, mais os prazos para logralo son curtos. De cara aos usuarios dos autobuses será preciso fixar uns servizos mínimos que lle corresponde decretar á Dirección Xeral de Transportes, á que López Rei acusa de “non exercer” e “avalar a malísima xestión de Arriva”.

Os traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste S.L. están chamados a secundar folga os xoves e venres de xaneiro, a partir do vindeiro día 16. A convocatoria, feita polas centrais CIG e CCOO, afecta as áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol, a Mariña lucense, Lugo e Ourense.

Sociedade