“Tengo una pregunta para usted” (TVE, 22 h.)

“Tengo una pregunta para usted” (TVE, 22 h.)

27 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Na estrea de “Tengo una pregunta para usted” gabouse a inédita oportunidade de ampliar os valores da democracia permitindo que os principais líderes do país asomasen pola televisión para ser directamente interpelados polos cidadáns, porén coido que o programa é unha oportunidade da que non se tira todo o proveito posible. Todos sabemos, os entrevistados, os cidadáns demoscopicamente peneirados que lles preguntan, e os que o vemos dende casa

Mais a partida non é en igualdade de condicións, porque os que comparecen no estrado están afeitos ás cámaras e, como eu, á arte de falar moito para non dicir nada, mentres que os inquisidores padecen por vez primeira o estrés de ser apuntados por unha cámara que multiplicará por millóns a súa imaxe. Así que agás que a máis inocente cuestión, poñamos o prezo dun café con leite, de tan simple faga esborrexer ao interpelado, as pezas saen vivas e as explicacións fóra das argalladas polo gabinete de propaganda en cuestión son máis ben poucas.

Para maior efectividade do programa como liberador de tensión do electorado, cómpre que se traslade o escenario da consulta a un lugar común, como un bar de barrio, onde sexa o político o que se poña máis nervioso que a xente que pregunta ou ben que se argalle unha atracción como as das feiras americanas: o home de traxe gris senta nunha plataforma sobre unha piscina, e a audiencia lanza pelotas a unha diana, para que, se acertan, o diplomático caia á auga. É unha maneira máis produtiva de expresar a decepción. Mentres non prospera a idea, esta noite tócalles responder en “Tengo una pregunta para usted” ao secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, e ao da UGT, Cándido Méndez. Non obstante, interesan máis as intervencións do presidente da CEOE, Gerardo Díaz Ferrán, sobre todo se a dirección do show político pon a un parado a preguntarlle pola súa defensa do abaratamento dos despedimentos. O alivio da masa electoral principia ás dez da noite en La Primera.

Sociedade