“Tualmonteyoalmar”, o festival punk alternativo de Ferrol

“Tualmonteyoalmar”, o festival punk alternativo de Ferrol

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Tualmonteyoalmar” non é un trabalinguas senón o nome do festival que se celebra en Ferrol na Sala Super8 da cidade departamental. Durante dous días, mañá venres e o sábado, a música punk e o ton provocador dun estilo e filosofía musical reinarán nun festival que chega este ano a súa II edición. A cita comezou con mal pé pois estaba prevista hoxe a actuación dos estadounidenses “Los Straitjackets&rdq

A mestura de mar e as fermosas paisaxes campestres de Ferrol dan nome a este incipiente festival que conta só con dous anos. Unha cita musical que quere buscar unha liña internacional. Neste senso, Tomás Romero, indicou en Radiofusión, que nos vindeiros anos non pecharán tan cedo o cartel para saber que grupos estranxeiros están de xira por Galicia. 

O festival arrinca mañá ás nove e media cos santiagueses Metralletas Lecheras, que achegan á urbe naval unha música que definen como “gastropunk.  Acompáñannos os ferroláns “Carrero Bianco” coa seu son indie-pop. A banda ferrrolá enmárcase na música punk pero coidando máis as melodías e as letras.

Outro grupo da casa, Lee van Cleef actuará o sábado co seu punk “sucio” e irreverente. Tamén soben ao escenario o grupo madrileño Ningoonies cunha mestura de Powerpop e punk.

Romero salientou que se trata dun festival modesto para ofrecer outra alternativa aos ferroláns. Neste senso traballan para ir consolidando o evento na lista de festivais galegos. Tras o éxito do ano pasado esta fin de semana pasarán a reválida. As entradas pódense adquirir na mesma sala ata o sábado. O prezo é de 5 euros por día. Os que desexen acudir os dous días de fetival contan cun bono de 8 euros.

Sociedade