“Una bala para el Rey” (Antena 3, 22 h.)

“Una bala para el Rey” (Antena 3, 22 h.)

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Que me aspen se non se estrea unha miniserie española á semana dende hai meses! Estes proxectos que se anuncian como grandes producións e se ventilan en dúas noites deben de estar a dar grandes resultados de audiencia e para os executivos deben resultar unha boa terapia desestresante: como só duran dous capítulos xa non lles dá apuro o de fulminar unha serie no segundo episodio no caso de que non cumpra cos re

En varias series sobre a Transición, a morte de Franco e as máis recentes do 23-F presentóusenos ao monarca como un xenio da infalibilidade nas súas decisións, un Atlas cargando co peso de España ás costas. Nesta ocasión, en “Una bala para el Rey”, que así se chama a serie, pasa por ser un mártir. Cóntasenos unha das veces nas que o Borbón estivo no punto de mira dun teleobxectivo. Esta foi na do rifle dun comando de ETA que quixo liquidar á Súa Maxestade durante unha visita a Mallorca no ano 1995. Nada pasou, e o porque é o que se intenta desentrañar neste relato en dous capítulos. A outra, que eu recorde e que tampouco me importaría ver convertida en serie, foi cando o corpo do Rei estivo no zoom de aumento dun ‘paparazzi’ italiano que o cazou tomando o sol co pandeiro ao aire. Unha cachada rexia que humanizaría a figura e aliviaría o ton superheroico destas miniseries ao servizo da Corona. Por certo que o galego Carlos Blanco fai de barbudo xefe do comando etarra en “Una Bala para el Rey”, que se estrea en Antena 3 ás dez.

Sociedade