“Video Killed The Radio Star” volve á actualidade para dar nome a unha mostra de clips

“Video Killed The Radio Star” volve á actualidade para dar nome a unha mostra de clips

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A cidade herculina acollerá do 29 de xuño ao 4 de xullo a I Mostra de Vídeo Clips Cidade da Coruña, que leva por nome “Video Killed The Radio Star”, en lembranza do clip da canción dos Buggles, a primeira peza emitida en 1981 pola canle estadounidense MTV. Previamente a este certame, toca elixir os traballos que o conformarán. Para iso, xa está aberto o pr

Desde a organización do “Video Killed The Radio Star” aseguran que decidiron centrar este evento no panorama musical e audiovisual galego porque “somos conscientes da existencia da gran cantidade de obras que merecen saír á luz na nosa comunidade e porque cremos tamén na necesidade de aumentala oferta cultural galega e ao tempo ser escaparate e punto de encontro dos profesionais do sector desta tendencia creativa que a pesar de todo, e debido principalmente ao seu carácter industrial (un vídeo clip non deixa de ser o spot publicitario dunha canción) atópase sempre en continúo movemento”.

BASES

1. Se poderán presentar pezas realizadas como complemento de traballos discográficos de selos independentes, ou ben producidas directamente polos mesmos músicos. Co único condicionante de que estes sexan galegos, ou cun mínimo do 50% dos membros da formación de orixe galega.

2. Poderán participar músicos (solistas ou grupos), selos discográficos, produtoras audiovisuais ou calquera empresa ou asociación relacionada có mundo da música independente.

3. A participación está aberta a tódolos creadores e a calquera estilo musical.

4. Se admitirán traballos que foran producidos entre os anos 2007 e 2009, ambos inclusive.

5. Cada intérprete, músico ou grupo poderá presentar un máximo de catro vídeo clips, que non deberán ter unha duración superior aos 10 minutos cada un deles.

6. Se axuntará unha ficha de inscrición regulamentaria perfectamente cumprimentada por cada un dos vídeo clips presentados.

7. Os traballos deberán presentarse en formato DVD, .vob ou preferiblemente .avi, en calquera caso sen compresión.

8. A data de presentación das obras se pechará o venres, 8 de maio de 2009 ás 20:00 horas.

9. Os traballos deberán enviarse en paquete certificado a seguinte dirección:

I Mostra de Vídeo Clips Cidade da Coruña

“Vídeo Killed the Radio Star”

Rúa Pérez Cepeda 15-17 bajo D.

15004 - A Coruña

10. A organización do Festival non se fará responsable das perdas ou danos causados ao material durante o seu envío. As copias non se devolverán e pasarán a formar parte do arquivo do certame, reservándose a utilización e a difusión destes vídeos tanto coma plataforma de promoción do evento en diferentes medios de comunicación, coma en sucesivas edicións do certame en seccións de carácter retrospectivo.

11. Entre tódolos traballos recibidos, os responsables do certame elixirán os vídeo clips que participarán no mesmo, e nese momento establecerá o número máximo de participantes seleccionados, sendo irrevogables estas decisións.

12. A I Mostra de Vídeo Clips Cidade da Coruña “Vídeo Killed the Radio Star”, se celebrará durante unha semana entre o luns 29 de xuño e o sábado 4 de xullo, nun circuíto de proxección nocturna en diferentes locais de ocio da Cidade da Coruña. Ao longo deses días tamén haberá charlas e mesas redondas, proxeccións retrospectivas en horario de tarde nun local aínda por concretar e un “concerto sorpresa” para o día da clausura. Tanto os autores dos vídeo clips coma os músicos estarán invitados a asistir a tales actos. O programa completo e detallado do certame será notificado aos participantes vía email, e se difundirá en diferentes medios de comunicación a partires do venres 22 de maio.

13. A participación na I Mostra de Video Clips Cidade da Coruña “Vídeo Killed the Radio Star” é gratuíta. Os gastos de envío das obras, así como os posibles gastos de desprazamento e estancia en A Coruña para presenciar o certame corren a cargo dos participantes.

14. A organización reservase o dereito de modificar calquera punto destas bases se as circunstancias o requiren, do que se daría a publicidade oportuna. A participación neste certame leva implícito a aceptación das súas bases.

15. Non se aceptará ningún traballo, qué a xuízo da organización do Certame supoña unha vulneración dos dereitos humanos, é dicir, que conteñan escenas sexistas, racistas ou excesivamente

violentas. En calquera caso os participantes se responsabilizan de que os traballos presentados non estean sometidos a ningunha reclamación legal.

Requisitos para participar

Poden presentarse:

Vídeo clips producidos entre o 01.01.2007 e o 31.12.2009.

Prazo de inscrición: Ate o 8 de maio do 2009, inclusive.

Duración máxima do vídeo clip: 10 min.

Formato de presentación dos vídeo clips: formato DVD ou AVI (sen

comprimir)

Moi importante:

- Encher todos os campos da ficha de inscrición asinada,

indicando persoa responsable da peza, DNI da mesma.

- Axuntar fotocopia do DNI do responsable.

- Presentar 1 ficha de inscrición por cada vídeo clip

presentado.

- Envío por correo certificado.

I Mostra de Vídeo Clips Cidade da Coruña

“Vídeo Killed the Radio Star”

Rúa Pérez Cepeda 15-17 bajo D.

15004 - A Coruña

Tfno: 981 0127 029

Horario:10:30/14:00 - 17:00 / 20:00

Email: info@polyrock.es

 

Sociedade