“Yum Yum Boy”, a nova aposta para iPhone e iPod da lucense Smallwonders

“Yum Yum Boy”, a nova aposta para iPhone e iPod da lucense Smallwonders

07 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Tras Battle of Puppets, que conseguiu o premio ao mellor videoxogo móbil español no Premio Nacional da industria dos videoxogos Gamelab 2010, ademais de superar o medio millón de descargas; e World of Popus, que se situou no Top 10 dos xogos de iPhone no Estado; a empresa lucense Smallwonders vén de sacar á venda en iTunes Yum Yum Boy. A guerra entre a comida lixo e a comida sa protagonizan esta terceira pr

A ambientación e a estética do xogo están marcadas polo cómic xaponés, con referencias a Doraemon, Shin Chan, Mazinger Z, Dragon Ball ou Naturo.

O xogo sitúanos na pel dun neno traveso e con moita fame. O xogador debe alimentalo, pero só co que a el lle gusta; chucherías e comida rápida. Desta forma, hai que ir realizando combinacións de alimentos lixo para que o neno sexa feliz e sacie o seu apetito. Hai que evitar as verduras porque provocan o seu enfado, a perda de puntuación, e, por tanto, a perda da partida.

Os principais personaxes do xogo son YumYum, a súa nai e as comidas; tanto as sas (tomates, cenorias, verduras e laranxas) como as de comida lixo (patacas fritidas, burritos, refrescos e xeados). O xogo contén oito escenarios diferentes.

Ao longo da partida aparecerán obxectos cunha cor determinada. Estes obxectos son os ítems que proporcionan accións especiais a YumYum en forma de poderes, bombas, escudos, etc, que o xogador deberá combinar para sumar puntos.

Unha das principais características de YumYum Boy é que o xogador pode dispor de maxias que incrementan a xogabilidade. Así, pódense dispor de até seis maxias, catro das cales son básicas e asociadas á comida, e dúas especiais.

O xogo vai destinado a mozos de máis de 15 anos, cuxos hábitos alimenticios xa están desenvolvidos. Por tanto, YumYum Boy é un xogo de entretemento, non educativo.

 

Cultura