1º aniversario do 15 M en Ferrol

1º aniversario do 15 M en Ferrol

12 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hoxe sabado dia 12 de maio escolleuse para conmemorar o nacemento do movemento do 15 M. Un ano despois daqueles acontecementos que mudaron a maneira de ver as cousas entre os cidadáns, moitas persoas a título individual e agrupacións de todo tipo, xúntanse para restablecer aquel espíritu contestatario. A praza de Armas de Ferrol é o escenario dos actos que se suceden hoxe en Ferrol. Ás 12 comezou a concentración na praza onde ás 6 da tarde

Outras conmemoracións no 12 de maio na cidade:

As enfermeiras e enfermeiros saen á rua neste seu día Internacional, para denunciar a precariedade coa que desenvovlen o seu traballo, afectado polos recortes e a crise. O colectivo pon o acento en que non se cubren as baixas por enfermidade ou vacacións, co que iso supón de perxuicio para eles e en consecuencia para os pacientes.  Hoxe saen á rua para recoller sinaturas contra os recortes e enviarllas á Ministra Ana Mato. En Ferrol ubicouse unha mesa informativa e de recollida de firmas xa dende as 10 da mañán na Praza de Armas.

Tamén coloca mesas informativas e petitorias en Odeón e na Praza da Gándara a Asociación Affinor, que tamén denuncian como as subvencións que recibían se reduciron drasticamente. Affinor acolle a persoas que padecen Fibromialxia e Fatiga Crónica.

Sociedade