100 mil romeiros peregrinan á Festa da Virxe da Barca en Muxía

100 mil romeiros peregrinan á Festa da Virxe da Barca en Muxía

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A romaría da Virxe da Barca en Muxía (A Coruña), declarada festa de interese turístico nacional, comeza esta xornada e durará catro días ata o luns 14 de setembro. A festa máis popular de Galicia, conta cun amplo programa de actos no que a parte lúdica convivirá á perfección coa relixiosa. Esta festa é ademáis una das romarías marianas máis importantes da Costa da Morte, e incluso de Galicia. Cada a

A Virxe da Barca ou Nosa Señora da Barca ten o seu santuario na punta de Muxía, na parroquia do mesmo nome deste concello. Conta a lenda que cando Santiago predicaba o evanxeo por aquelas terras, nun momento de soidade e desacougo polo pouco éxito da súa predicación, recibiu a visita da Virxe nunha barca de pedra remada por anxos. Ésta infundiulle folgos ó apóstolo para continuar o seu labor evanxelizador. Como proba da súa aparición, a barca da Virxe quedou plasmada nas rochas. Posteriormente a imaxe da Virxe foi descuberta debaixo do temón da barca e trasladada á igrexa parroquial, pero, inexplicablemente, volveu aparecer no seu sitio orixinal. Ante este milagroso feito, os habitantes de Muxía decidiron construír un santuario para honrar a Virxe.

Veciños, visitantes e romeiros poderán desfrutar durante catro días de pasarrúas e alboradas dende primeira hora da mañán. Ata 100 mil persoas congregánse nesta afamada romaría. Nesta xornada a Orquestra Manila arrufará a sesión. Ás nove o profesor da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, Arturo Súarez lerá o pregón das festas. Terá lugar no Cabo da Vila . A continuación, animará a velada Manolo Delfín, no porto. Da verbena nocturna encargaránse as orquestras Océano e Manila.  

Mañá sábado tocalle o turno ás formaciones musicais, Alarma, Triunfo e Jocker. Tamén na noite do sábado os tradicionais fogos de artificio alumearán a noite de Muxía.

O domingo, o programa de oficios relixiosos, inclúe a procesión dende o santuario ata a igrexa parroquial tras unha misa solemne. Unha cita que congregará a milleiros de fieis neste día grande das festas. A nota musical corre a cargo das orquestras Fania e  a prestixiosa Olympus.

O luns, derradeiro día de celebracións, serán Salsa Rosa e a París de Noia as que farán mover o corpo dos milleiros de asistentes.

A Virxe da Barca non é coñecida por curar nin protexer contra ningún mal en especial. Pódese dicir que ten prestixio e popularidade porque concede todo aquel favor que se lle pida con fe. Neste santuario encóntranse as dúas famosas pedras de culto no pasado pagán e que posteriormente fora cristianizado: as chamadas pedra de Abalar e a pedra dos Cadrís.Estes son os vestixios da barca de pedra na que fixo a súa aparición a Virxe. Tamén se atopa outra pedra: a pedra dos Namorados.

Sociedade