10.000 quilos de champiñón repártense este domingo en Ordes

10.000 quilos de champiñón repártense este domingo en Ordes

23 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A XXI Festa do Champiñón chega este domingo a Ordes. A cita contará cunha degustación gratuíta do producto nos diferentes establecementos hostaleiros do municipio, para o que o Concello repartirá arredor de 10.000 kilos de champiñóns. Ademais haberá un posto de venta de champiñón dentro da carpa para todos os que estean interesados en adquirir este producto.

O Concello de Ordes poñerá nome a seis das súas rúas este sábado. Tratáse dunhas rúas situadas no zona do Paraíso, nas inmediacións do CEIP Castelao, que levarán a partir de entón o nome dos seis municipios, que xunto a Ordes, forman a Mancomunidade de Ordes.

Trátase dun acto enmarcado dentro da programación de Expo Ordes 2010, que terá a xornada do sábado adicada á comarca. Desta maneira, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo terán o seu oco no municipio ordense poñendo nome a algunhas das súas rúas. Para a inauguración, que terá lugar a partir das 13 horas, o Concello de Ordes ten invitadas a todas as Corporacións Municipais ao completo de ditos municipios. Trala inauguración as autoridades realizarán unha visita ao recinto feiral de Expo Ordes, visita que está prevista para as 14 horas.

Así transcurrirá a segunda xornada de Expo Ordes 2010, a do sábado 24 de abril, que abrirá as portas do recinto feiral ás 10 da mañá e que contará ademais durante todo o día coa actuación da Charanga Ruada e sesión vermú e verbena a cargo da orquestra Odisea.

A xornada do domingo

Tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, dende o goberno local, “temos un especial interese en darlle un novo pulo a esta cita tan importante para o municipio, e como xa se acordou en pleno, solicitaremos á Xunta que se declare a Festa do Champiñón de Ordes, Festa de Interese Turístico de Galicia”. Ás 13 horas, as autoridades realizarán unha visita ao recinto.

Ademais a xornada do domingo, 25 de abril, tamén terá un espacio para o deporte, coa celebración un ano máis do Concurso de Salto de Obstáculos Nacional, que traerá ata o municipio, a máis dun centenar de participantes de recoñecido prestixio no mundo da hípica a nivel nacional. As probas darán comenzo pola mañá ás 11 horas, e pola tarde ás 16 horas, e terán lugar na explanada anexa ao CEIP Campomaior.

Sociedade