-11º en Manzaneda e -9º en Pedrafita

-11º en Manzaneda e -9º en Pedrafita

10 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

As temperaturas máis baixas desta onda de frío rexistráronse esta madrugada, segundo informa Meteogalicia. En Pedrafita do Cebreiro chegouse aos 9 graos baixo cero e en Cabeza de Manzaneda aos 11 baixo cero. As placas de xeo aparecen en calquera estrada, especialmente en zonas umbrías. Houbo 5 grados baixo cero en Lugo, Verín ou O Barco de Valdeorras, 4 grados baixo cero en Vilalba, 2,5 baixo cero en Santiago de Compostela. Nos Concellos de Abadín, Baleira, Castr

No aeroporto de Labacolla en Santiago de Compostela recuperouse esta mañá a normalidade coa saida e entrada dos vóos previstos. Na estación de autobuses da capital de Galicia tamén entraron sen problemas os autocares marcados para a xornada.  Esta tarde aparecerán chuvias febles en forma de neve nas provincias de Ourense e Pontevedra. Mañá luns espérase unha xornada tranquila, de transición, coa retirada da masa de aire polar. Unha nova borrasca chegará dende o Atlántico a partir do martes. A choiva e o vento sustituirá entón ao frío.

Sociedade