110 incidencias en Galicia polo xeo e a neve

110 incidencias en Galicia polo xeo e a neve

07 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Centro de Atención ás Emerxencias-112 xestionou até as 19.00 horas de hoxe máis de 110 incidencias provocadas polo xeo e a neve que proliferaron, ao longo do día, en toda a xeografía galega e con especial intensidade nas provincias da Coruña e Lugo. En concreto, o 112 rexistrou 52 incidencias por xeo e outras 59 por neve. Ademais, rexistráronse un total de 38 accidentes na estrada que, en boa parte dos casos, foron provocados, precisamente, p

O maior número de incidencias produciuse nas últimas horas e as predicións apuntan a que as dificultades climatolóxicas manteranse ao longo de toda a noite, polo que a Direccion Xeral de Emerxencias lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección, tales como evitar as viaxes que non sexan necesarios e revisar o estado das estradas. Tamén se aconsella asegurarse saír con cadeas e cos depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos.

Sociedade