12 .000 euros para o gañador dos Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero

12 .000 euros para o gañador dos Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero

12 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol e maila Universidade da Coruña poñen en marcha unha nova edición dos premios de investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero. Estes galardóns teñen carácter bianual e o obxectivo é apoiar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial na enxeñería e nas relacións laborais.

As solicitudes terán que ir acompañadas dunha memoria explicativa do traballo que inclúa os obxectivos, a metodoloxía empregada e as aplicacións técnicas dos resultados. Todo iso, terá que entregarse no Rexistro Xeral da Universidade ou nos rexistros auxiliares de Ferrol e Elviña, antes do 15 de setembro. Como novidade, este ano poderán presentarse investigadores ou equipos de investigación estranxeiros a estes premios nos que o gañador levará 12000 euros.

Cultura