As 12 autovías do Plan MOVE executaranse nos prazos previstos

As 12 autovías do Plan MOVE executaranse nos prazos previstos

30 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A nova planificación das infraestruturas obrigada pola redución de orzamentos restaralle 620 millóns de euros ao Plan MOVE, pero non afectará a ningunha das obras que están en marcha. Así o asegurou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

O Goberno galego pretende manter o nivel de execución do programa de vías de altas prestacións, o de maior peso dentro do plan, no que xa se está traballando en máis de 423 km, o 73% dos previstos. Das 12 autovías, 9 estarán rematadas no horizonte desta lexislatura, entre as que se inclúen a de Carballo-Berdoias, Brión-Noia ou a 3º Rolda da Coruña. Para conseguir o equilibrio financeiro retrasaranse 3 das 39 actuacións previstas, e eliminaranse a vía transversal de Loureda e maila conexión da AP-9 coa AP-6, en Cambre.

Asemade, o conselleiro indicou que esta redución non afectará ao orzamento destinado a seguridade viaria, que tampouco variará o programa de optimización das peaxes, e que o programa de conservación de estradas manterase practicamente igual, ao pasar de 680 a 660 millóns de euros; Hernández anunciou tamén que a autovía Carballo-Berdoias volverá a licitarse en decembro, reducindo o prazo concesional en 5 anos.

Sociedade