120 autocaravanas danse cita esta fin de semana en Redondela.

120 autocaravanas danse cita esta fin de semana en Redondela.

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Segundo o responsable da concellería de medio ambiente, Carlos Pazos, con este novo servizo tamén se promove que os turistas que elixen este medio de transporte paren no municipio e coñezan a comarca o que resultará beneficioso para todos. Unha idea que comparte o delegado da Plataforma de Autocaravanas en Galicia, José Luís Alonso, quen afirma que a partir de agora “Redondela pasa a ser un referente para todos os autocaravanistas de Europa.

 

Unha iniciativa posta en marcha dende a concellería de medio ambiente en colaboración do departamento de cultura que ten organizado durante toda a fin de semana unha serie de actos que comezarán este sábado ás dez da mañá, hora na que os propietarios destes vehículos serán recibidos polas autoridades.

 

O actos máis destacable á a “xornada de portas abertas” que terá lugar mañá sábado. Dende as 11:00 e ata as 12:30 todos os que o desexen poden achegarse ao campo anexo de Santa Mariña onte estarán instaladas as caravanas para coñecer os diferentes vehículos e visitar o seu interior.

 

Redondela pasa a ser, xunto con Tui, o único concello da provincia de Pontevedra con este tipo de instalación. 

Sociedade