1200 persoas asisten á Festa dos Maiores

1200 persoas asisten á Festa dos Maiores

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Arredor de 1200 persoas maiores de 65 anos asistirán este sábado á Festa dos Nosos Maiores organizada polo Concello de Arzúa. Chégase xa á decimoterceira edición dun evento que reune no recinto feiral Terra do Queixo a homes e mulleres de todo o término municipal.

Ter cumpridos os 65 anos é o único requisito establecido pola organización para asistir ao encontro, que dará comezo ás once e media da mañá cun recital a cargo da Banda de Música da localidade.Unha hora despois, segundo a programación prevista, celebrarase unha misa campestre, trala que se lerá o pregón de bienvenida aos asistentes. Acto seguido, os maiores asistirán á tradicional comida de confraternización, na que se servirá melón con jamón, pulpo á feira, carne ao caldeiro e sobremesa. Un grupo musical amenizará a xornada vespertina, durante a que se realizarán sorteos de vales para comidas e ceas en restaurantes do sector hostelero e de casas de turismo rural do municipio. Esta colaboración altruísta foi agradecida pola edila de Benestar Social, Aurora Varela.

Sociedade