124 anos desde o nacemento de Castelao

124 anos desde o nacemento de Castelao

26 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Alfonso Daniel Rodriguez Castelao naceu en Rianxo, na ría de Arousa, o 30 de xaneiro de 1886, no seo dunha familia mariñeira. Polo tanto o vindeiro sábado cumpriránse 124 anos desde o seu nacemento. Chegaría a ser a persoalidade política e cultural máis importante de Galicia, en palabras do historiador e presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares.

Villares salienta que Castelao, caricaturista, autor literario e  político, soubo expresar problemas da sociedade galega dándolles universalidade. O dirixente político soubo manter unha liña consecuente, primeiro como parlamentario logo como loitador antifranquista e finalmente aglutinando á emigración galega en Estados Unidos, Cuba e Argentina.

Cultura