130 anos de UGT

Loita e conquistas do sindicato fundado por Pablo Iglesias, resume a exposición
25 de Xuño, 2019 - 12:03 h. | Publicada por Radio Fene

O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, clausura o mércores 26 de xuño en Ferrol a exposición “130 anos de loita e conquistas” Antes deste acto participará nunha ofrenda floral fronte ao monolito de Pablo Iglesias e manterá unha xuntanza coas seccións sindicais de UGT en Navantia (Fene e Ferrol) e coas da industria auxiliar.

O mércores 26 de xuño, ás 12.30 horas o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, xunto cos secretarios xerais de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz,  e UGT-Galicia, José Antonio Gómez; así como, o xerente de Exponav, José María Cardona, participarán no acto de clausura da exposición “130 anos de loita e conquistas” que permaneceu aberta ao público no Museo da construción naval (Edificio Herrerías) dende o pasado 13 de xuño.

Antes disto, ás 10.00 horas, terá lugar unha ofrenda floral fronte ao monolito de Pablo Iglesias, no Cantón de Molíns, na que tamén par"ciparán os tres secretarios xerais. De seguido, Pepe Álvarez, acompañado dos secretarios xerais de UGT-Galicia e UGT-Ferrol, manterá unha xuntanza nas instalacións de Navantia coas seccións sindicais de UGT nos estaleiros de Fene, Ferrol e industria auxiliar.

Lembrar que esta exposición está a percorrer toda a xeografía española, incluídas varias cidades e vilas galegas, e enmárcanse dentro dos actos conmemora"vos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona. A mostra conta con 14 paneis históricos e 6 temáticos que recollen os períodos máis significativos da longa traxectoria de UGT, repasando os acontecementos de loita obreira e as reivindicacións por un mundo máis xusto que o sindicato sempre defendeu. Inclúese finais do século XIX, a ditadura de Primo de Rivera, a II República, a Guerra Civil, a clandestinidade e o exilio pola ditadura franquista, a chegada da democracia, a legalización do Sindicato, os anos 80 e alcánzanse os anos de desavenencias de principios dos 90. A exposición finaliza coa etapa máis moderna, cos novos retos sociais, as alternativas para saír da crise e a recuperación de dereitos laborais. (Na imaxe, recente manifestación dos pensionistas en Ferrol).

Sociedade

Publica o teu comentario agora