13.000 euros para o programa Vacacións en Paz

13.000 euros para o programa Vacacións en Paz

24 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Saír do deserto e coñecer outras realidades son os obxectivos que persegue o programa Vacacións en paz que anualmente organiza a asociación solidariedade galega co Pobo saharaui. Un  programa que depende en gran medida da colaboración de diferentes organismos, cuxas aportacións económicas permiten fletar os avións que trasladan aos rapaces dende os campamentos de refuxiados en Tinduf aos diferentes concellos nos que perma

En Redondela o concello colabora con este colectivo de xeito estable e este ano aportarán ao programa 13.000 euros. O concelleiro nacionalista Carlos Pazos entende que a axuda económica é imprescindible para que estas iniciativas poidan seguir realizándose. Uns cartos que se invisten na súa maior parte no traslado dos rapaces, xa que unha vez en Redondela, son as familias de acollida as que financian a súa estadía no concello. 

Sociedade