140 anos de Ateneo ferrolán

Un ciclo de cine feminista programado por Galegas 8M proxectarase todo o mes de marzo
13 de Febreiro, 2019 - 01:21 h. | Publicada por Radio Fene

A nova directiva do Ateneo ferrolán traballa en diferentes actividades entre as que destaca a celebración do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal.

A nova xunta directiva do Ateneo Ferrolán está a traballar na organización de diferentes actividades: Celebrarán o 140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol, fundado o 24.03.1879. O acto realizaráse o sábado día 23 de marzo as 12 h. con conferencias e música.

Ao redor do “Día Internacional da Muller Traballadora” programouse un Ciclo de Cine Feminista con debates, os martes ás 18,30 h. organizado polo movemento Galegas8M. O ciclo comezará o martes día 19 de febreiro e rematará o martes día 26 de marzo.

Polo Día Internacional do Teatro, o luns día 11 de marzo ás 19 h. haberá a representación teatral “El cianuro solo o con leche” representada polo colectivo teatral “Ferroluna” O propio día 27 de marzo, ás 19 h. no salon de actos, haberá a Lectura do Manifesto e algunha sorpresa máis.

O Ateneo traballa ademais na conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepcion Arenal (Ferrol 31 de xaneiro de 1920) na que impulsarán actividades, tanto propias como en colaboración con outras entidades e institucions.

Cultura

Publica o teu comentario agora