140 anos de prensa obreira

140 anos de prensa obreira

21 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

34 cabeceiras de prensa obreira apareceron na comarca de Ferrol entre 1871 e 1989. O elevado número de xornais dos sindicatos é un claro reflexo da importante implantación das centrais nesta zona de Galicia. A prensa obreira segue camiños doctrinarios, sen a mínima concesión ao suceso, á anécdota, á publicidade, ao humor ou á reportaxe. Sen ánimo de lucro, ten como único obxectivo levar ao proletariado ás ideas revolu

Para o militante sindical é tarefa fundamental estar ben informado, e comprométese a mercar o xornal. Os tipógrafos afiliados imprimenno en horas libres. Por iso a implantación de cada sindicato respalda o seu voceiro. O forte arraigo do sindicalismo socialista e anarquista en Ferrolterra explica o gran número de publicacións destas características. En epocas autoritarias, os periódicos obreiros son os primeiros en recibir a represión gubernativa. Pola contra florecen nos períodos de liberdade.
"El Trabajo" é o primeiro xornal obreiro que ve a luz en Ferrol. Nace en 1871, anos despois do xurdimento do primeiro periódico ferrolán datado en 1845. O subtitular de "El Trabajo" rezaba "No hay más patria que el mundo, no hay más familia que la humanidad", o que nos informa do seu carácter internacionalista.
A comezos de século xa atopamos na comarca distintos periodicos anarquistas, como Cultura Libertaria (1911) ou La Lucha (1920) qeu testemuñan a forte incidencia desta corrente ideolóxica na época. Tamén atopamos prensa dos sindicatos católicos. En 1907 aparece o Boletín do Círculo Católico de Obreros, para contrarrestar a influencia de anarquistas e socialistas. Entre os colaboradores deste xornal, atopamos nomes sorprendentes. Desde 1926 escrebe na prensa católica Santiago Montero Diaz, mugardés das Xuventudes Comunistas, que logo pasará á Falange para rematar sendo perseguido polo réxime de Franco. Na primeira etapa dese periódico, colabora Camilo Díaz Baliño,logo fusilado en 1936. A irregular aparición, constantes problemas financieiros, reducido número de páxinas e de prezo son os signos de identidade da prensa obreira ferrolán. Nese mundo de inestabilidade, atopamos unha excepcion: "El Obrero", nacido en 1890 e que durante 46 anos acudiu á cita cos lectores.

Sociedade