15 desempregadas ordenses participan nun curso de atención sociosanitaria

15 desempregadas ordenses participan nun curso de atención sociosanitaria

07 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes deu comenzo esta semana a un curso dirixido a desempregados do municipio. Nesta ocasión trátase dun curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio que se está a celebrar no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento e que está subvencionado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

En total son 15 as persoas desempregadas que están a participar neste curso, todas elas mulleres. O curso consta de 628 horas lectivas e prácticas non laborais e desenvolverase ata o vindeiro 22 de novembro de 2011.

Outro dos puntos importantes deste curso é que dá acceso directo ao certificado de profesionalidade que será obrigatorio para traballar na empresa privada e na pública a partir de 2012.

Desta maneira, o goberno local de Ordes que preside o alcalde, Manuel Regos, volve a mostrar unha vez máis a súa clara aposta pola formación para o fomento do emprego poñendo a disposición dos desempregados do municipio todas as ferramentas necesarias para conseguir un traballo.

Sociedade