15 persoas formaránse como mozos de almacén

15 persoas formaránse como mozos de almacén

15 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

15 persoas desempregadas de longa duración participarán no curso teórico-práctico de mozo/a de almacén. Un proxecto enmarcado dentro do programa de inclusión posto en marcha pola Concellería de Benestar do Concello de Ferrol. Un curso que durará 150 horas e que busca unha saída laboral para os participantes.

O obxectivo do curso de mozo de almacén que se presentou esta mañá pola Concelleira de Benestar e Deputada socialista, Beatriz Sestayo ten como obxectivo a organización do almacén realizando tarefas relativas á recepción, selección e clasificación de materias primas e produtos auxiliares. Ademais inclúe o aprovisionamento á liña e almaceado dos produtos rematados, garantindo a hixiene e seguridade de establecementos e ferramentas seguindo a normativa vixente.

Seleccionáronse 15 persoas sen emprego e con escasez de recursos económicos. O curso conta con tres módulos e  terá unha duración de 150 horas. 75 horas teóricas no local da UXT de Ferrol e 75 de práctica na superficie Al Campo da Gándara. 

De feito, os participantes xa teñen garantido o traballo neste hipermercado para a campaña de nadal. Sestayo, destacou a necesidade da formación práctica para acadar viabilidade no mundo laboral.

Sociedade