16 porcos morren no incendio dunha granxa

16 porcos morren no incendio dunha granxa

16 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

16 porcos morreron no incendio rexistrado este xoves nunha granxa porcina no termo municipal de Arzúa (A Coruña), supostamente causado por un curtocircuíto. Ás 9.57 horas o 112 foi alertado dun incendio nunha granxa situada na aldea de Soutullo, no parroquia de Calvos, no municipio coruñés de Arzúa.
  

Ao lugar desprazáronse catro efectivos dos bombeiros con dous vehículos e do Grumir da localidade, segundo informou o servizo de emerxencias e o corpo de bombeiros.
   Os Bombeiros de Arzúa sinalaron que permaneceron no lugar durante hora e media para extinguir o lume, que quedou apagado sobre as 10.40 horas. Tiveron que ventilar e sacar algúns animais.
   O incendio calcinou un módulo da granxa, no que morreron 16 animais, segundo precisou o Grumir. Os bombeiros engadiron que o lume, que puido comezar por un curtocircuíto, causou "perdas bastante grandes".

 

Sociedade