17 hippies, a música da patera

17 hippies, a música da patera

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Alemania os inmigrantes non chegan en patera. Pero se chegasen, as súas melodias e cancións inspirarían aos 17 hippies. O grupo de Berlín incorpora ritmos turcos, mexicanos, moldavos e rumanos. Toda unha declaración de benvida e quizais un manifesto en favor da libre circulación de persoas por todo o mundo.

Os 17 hippies son en realidade 13. Despois de 15 anos e 1500 concertos en 20 paises, o elenco seduce pola súa enerxia. Afirman que “unicamente fan música para bailar”. Veñen de editar o seu novo album El Dorado que comercializa no Estado Español, a discográfica Resistencia.

Cultura