ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, inauguraba esta mañá na Casa da Cultura un curso sobre enerxía térmica dirixido a desempregados que está enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación. Así Regos, quixo dar a noraboa e a benvida ás 18 persoas de toda a comarca que participarán nesta iniciativa. Serviralles para ter máis coñecementos sobre este sector de futuro, intentando tamén facilitarlles a súa incorporaci&
O curso, que consta de 529 horas lectivas e servirá ademais como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade, ensinará aos participantes a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas.
Esta iniciativa pódese levar a cabo grazas á Deputación, ao propio Concello e á empresa Couselo, pioneira neste sector, que cede as súas instalacións para a realización das prácticas do curso.