2 mil euros de premio para o gañador do certame de poesía “Concello de Carral”

2 mil euros de premio para o gañador do certame de poesía “Concello de Carral”

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

2.000 euros de premio obterá o gañador  da décimo terceira edición do premio poético “Concello de Carral”. Poderán presentar obras neste certame ata o 31 de e marzo, os autores e autoras maiores de idade, con poemarios de máis de 400 versos escritos en lingua galega. O premio entregarase no mes de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da décima

Os responsables do premio manifestan que o concurso de Carral pretende seguir contribuíndo na difusión da poesía galega, descubrindo ou consolidando xoves valores da literatura. Agardan que na nova edición do certame se superen os pasados niveis de participación e a presentación de máis de 50 obras. O certame “Concello de Carral” está consolidado como un dos concursos literarios de maior prestixio no panorama cultural de Galicia. Prestixio que gaña ano tras ano grazas á calidade das obras presentadas e dos xurados que colaboran coa Concellería de Cultura. Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, ou a través da www.concellocarral.com

Cultura