2 mortos nunha violenta colisión en Fene

2 mortos nunha violenta colisión en Fene

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene
Dúas persoas, entre elas unha moza, faleceron e outra resultou ferida grave nunha colisión entre dous vehículos que se produciu onte á tarde na vía que une o polígono de Vilar do Colo en Fene e o municipio de Mugardos, na provincia da Coruña. O accidente produciuse cando 1 dos vehiculos realizaba un adiantamento e chocou frontalmente contra outro automóvil, á altura da estrada da Armada en Maniños (Fene).
O incidente, segundo avanzou o 112, produciuse sobre as 18.32 horas. Aos poucos minutos un particular alertou aos servizos de urxencias da colisión entre dous coches no corredor do polígono Vilar do Colo a Mugardos. Ao lugar mobilizáronse dúas ambulancias para atender aos feridos, a Garda Civil, o helicóptero do 112 e efectivos de Protección Civil de Fene, que excarcelaron a dous dos implicados.

Os dous condutores implicados no accidente, entre eles unha moza, faleceron. Trátase de Lydia T.D. de 21 anos e viciña de Narón e de Marcos R.C. de 48 anos de Ferrol. O sinistro produciuse no quilómetro 1,100 da estrada VG 1.2 que discurre entre o parque empresarial de Vilar do Colo e a península de Ares- Mugardos. O vial sirve de acceso a Reganosa e a conecta coa AP 9.

Sociedade