200 anos

Cumprense hoxe 200 anos do nacemento en Ferrol de Concepción Arenal en 1920
31 de Xaneiro, 2020 - 02:24 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol iniciaba esta mañá os actos de homenaxe á súa filla Concepción Arenal. A xornada culminará pola tarde cunha conferencia de Anna Caballé, autora do libro “Concepción Arenal, la caminante y su sombra”. ás 19,30h en Afundación, no Cantón de Molíns.

A Universidade de Santiago viste de home para reivindicar a figura de Concepción Arenal, a pensadora galega que tivo que se disfrazar de varón para acceder á Universidade Central de Madrid e cursar a carreira de Dereito, vetada daquela ás mulleres. Ataviadas con capa e sombreiros de copa acudiron o xoves aos seus respectivos centros moitas das mulleres que conforman a USC, dende alumnas, ata profesoras, pasando polo persoal de administración e servizos. Hoxe venres, foron as alumnas e profesoras de Medicina as que fixeron a mesma actuación para homenaxear a esta pioneira da defensa dos dereitos da muller nada en Ferrol hai agora 200 anos.

A Universidade de Santiago acaba de botar a andar o ano Concepción Arenal co se pretende reivindicar a figura desta escritora, xornalista, poeta e autora dramática, que para poder cursar estudos de Dereito tivo que facerse pasar por home. A Facultade de Formación do Profesorado no Campus de Lugo, así como as facultades de Ciencias da Comunicación, Ciencias Políticas e Sociais, Filosofía, Matemáticas, Ciencias da Educación, Óptica e Optometría e Química en Santiago acolleron distintas performances para render homenaxe a esta precursora do feminismo no ano no que se conmemora o bicentenario do seu nacemento. Este venres 31 foi a quenda da Facultade de Medicina e Odontoloxía que celebrou un posado reivindicativo ás 11.20 horas ante a fachada do centro. (amaxe tirada pola revista GCiencia)

O programa de actividades continuou hoxe coa prfesencia en Santiago da xuíza emérita e ex alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, quen impartiu este venres 31, a partir das 13.00 horas, un relatorio no Salón de Actos da Facultade de Dereito, baixo o título ‘Concepción Arenal hoxe’.

Outras iniciativas ao longo do 2020

A celebración dun congreso internacional no mes de outubro, partindo da figura de Concepción Arenal, pretende levar a cabo unha reflexión sobre as súas facetas máis destacadas tecendo lazos cara ao presente. O congreso quere dar cabida a enfoques diversos -xurídicos, sociolóxicos, literarios, históricos, ou pedagóxicos- que estuden ben a figura da pensadora, ben aspectos da súa obra e actividades ou ben poñan en relación o seu papel con debates científicos sobre os ámbitos aos que ela dedicou a súa vida.

Sociedade

Publica o teu comentario agora