2000 euros por 400 versos

2000 euros por 400 versos

17 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un premio único de 2000 euros en metálico recibirá o autor ou autora do traballo gañador do XIII Concurso de poesía Concello de Carral. Presentaránse obras orixinais, inéditas e cunha extensión non inferior aos 400 versos. O prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de marzo.

Non se poden presentar os gañadores de anteriores edicións. O premio establece un período de dez dias desde a decisión do xurado para presentar alegacións á citada resolución. As reclamacións serán valoradas polo xurado. O Concello de Carral reservaráse o dereito de publicar a obra gañadora.

Cultura