2010: o ano no que o galego pexorativo baixou a manifestarse na rúa dende o Desván de los Monjes

2010: o ano no que o galego pexorativo baixou a manifestarse na rúa dende o Desván de los Monjes

01 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O ano do decreto do plurilingüismo e do decreto do carbón, o do Xacobeo e a visita do Papa Benedito XVI, o ano da fusión das caixas, o da folga xeral e a reforma laboral, o dos temporais de frío e neve e dos controladores, ou o ano do galego no sentido máis pexorativo da palabra. Moitos son os alcumes que lle resultan acaidos a este 2010 que esmorece. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resumiu mediodía que estes que rematan foron 12 mese

Se cadra foi polo redondo da súa cifra, pero 2010 demostrounos a teoría do eterno retorno e rematou como comezou. A CIG vén de convocar folga xeral para o 27 de xaneiro contra a reforma do sistema das pensións, e o resto de sindicatos maioritarios mobilizaranse se o Goberno teima en adiar a idade media de xubilación. O tema chegará ao Congreso o 28 de xaneiro de 2011, un ano e un día despois de que, a por entón, vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega formulase por vez primeira a necesidade de estender a xubilación aos 67 anos.

 

No medio deste círculo, centos de miles de persoas clamaron na rúa contra a política lingüística e de privatización dos servizos públicos da Xunta; Rosa Díaz insultou a Rodríguez Zapatero chamándoo “gallego” e ao conselleiro de Cultura pasáronlle unha lista de topónimos desfasada; Ferrín axitou á Real Academia co canto de Novoneyra; a climatoloxía toleou e deixou Santiago nevado e a Mariña asolagada; Coruña e Vigo xogaron coas caixas o duelo que non hai no fútbol e ao que se engadiron como xuíces San Caetano e a Moncloa; veu o Papa pero a misa maior foi a de Muse; as centrais térmicas deixaron de botar o fume que emanou das cabezas dos viaxeiros atrapados nos aeroportos... Os servizos informativos de Radiofusiòn comprimiron 365 días en media hora para conservar un anuario falado do último ano da década.

 

BlogESfera Directorio de Blogs Hispanos - Agrega tu Blog

Sociedade