24 equipos participan na XXVIII maratón de fútbol sala de Redondela

24 equipos participan na XXVIII maratón de fútbol sala de Redondela

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O pavillón de Redondela acollerá a partir da tarde de mañá a XXVIII edición do Maratón de Fútbol sala Concello de Redondela, no que participarán máis de 250 deportistas.O maratón, que se xogará de xeito ininterrompido dende mañá xoves ata o sábado, está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala.

As finais disputaranse na tarde do sábado 11 de abril. Recibirán premios os catro primeiros clasificados así como o equipo menos goleado e o máis deportivos. Tamén se premiará ao mellor xogador e ao máximo goleador. Dende a organización lamentan que un ano máis non se poidan disputar partidos da categoría feminina pro non terse presentado ningún equipo.

Deportes